A princesa con amor no seu corazón
Dedicamos este conto ás nosas nais, Marta e Alicia;
e tamén aos nosos pais, Jesús e José Ángel.
Nos tempos de María Castaña, nun bosque fermoso había un castelo. Alí vivía unha princesa con amor no seu corazón.
Unha vez viu pasar un príncipe encantador. Pero tiña que facer unha viaxe ata a Torre de Hércules. Ela púxose a chorar desconsolada. E un día notou que o seu corazón partíase en dous. Entón decidiu ir á torre, e o príncipe díxolle:
-Non, é perigoso.
Pasaron quince días e ao fin apareceu baixo o seu balcón, e díxolle:
-Baixa, quero dicirche algo. ¿Queres casar comigo?
Ela contestou que si. Entón o príncipe regaloulle unha rosa e un anel. E viviron felices moitos anos.
[Clara García Castaño-Alicia García Martínez]