A xogar con Ismaíl
Trátase de ordenar as pezas deste crebacabezas meu, que están numeradas do 1 ao 15. Para movelas, pincha nunha que teña algún sitio libre ao seu lado, e cambiará de sitio. Así, buscando os espazos libres, deberás ir colocando as pezas no seu lugar.
¡Un consello! É mellor que o resolvas con algunha persoa maior, pero de Mario non esperes moita axuda. Non ten nin idea. Se queres, pregúntalle á Ana Real, a profesora de Relixión. Ela si que sabe moito deste xogo. Pero non llo digas a ninguén. É o noso segredo...
¡A ver se es quen de resolvelo! ¡A xogaaaaar!