Un novo conto
Durante os próximos meses, Ismaíl e mais eu andaremos algo ocupados. Hai algúns asuntos que debemos resolver, e teño algúns traballos que escribir coa súa axuda. Iso non quere dicir que este blog vaia pechar. Non… Pero si que a partir de agora faremos outras cousas.
Realmente xa empezamos. Así, para aproveitar as posibilidades que ofrece Internet, collimos estas catro historias para facer unha nova:
- O país dos xigantes
- Ismaíl e o xigante do deserto
- O conto do País Sagrado
- Ismaíl e o embruxamento da Terra
Con esas historias fixemos un conto que se titula Ismaíl e o xigante, pero é distinto a outro que tamén se chamou así.
Agora ten a forma dun libro electrónico, con varias páxinas que debes ir pasando para ler a historia enteira. Se queres, tamén podes escoller unha voz de robot de home, muller ou neno para que lea por ti. ¡Pero creo que aínda non o fai moi ben!