¡Ata setembro!
Aínda que andaremos por aquí de cando en vez, xa non será o mesmo. Estamos no verán e temos que facer cousas diferentes. Así empezaremos o próximo curso con novas e máis forzas. Ah, atentos á sección Feliz verán 2009, onde haberá sorpresas.
Ao parecer, Ismaíl ten pensado viaxar moito este verán. Creo que o necesita, e el sábeo. Pois neste curso viviu emocións tan bonitas que non quere esquecelas xamais…
Ismaíl en Campo do Monte, Montouto (Abegondo)