A nosa amiga Belén Junquera ataca de novo… É dicir, que temos un novo e fermoso traballo seu, co que poderemos aprender un montón de cousas de astronomía: o universo, a Terra, o noso Sistema Solar e os demais planetas, etc. Ademais de coñecer unha bonita historia, claro…
Belén, Ismaíl quere que che diga que es fenomenal. ¿Vale?
Noelia chegou hoxe e anunciou que estaba de cumpreanos. E por iso invitou aos seus compañeiros e compañeiras, que recibiron unhas bolsiñas de chuches, e tamén Ismaíl. A clase, como xa é normal, cantou a súa canción ata tres veces. O máis curioso foi que algunhas voces soaron ben altas, como para aplaudir á nosa máis famosa ximnasta. ¡Felicidades, Noelia!
En algún lugar lejano, un viejo gnomo llamado Ismaíl, viejo y sabio, no tenía amigos. Una vez decidió que partiría en busca de amigos con los que poder jugar.
Un día que paseaba por el bosque vio a una foca llorando. Ismaíl le dijo:
-¿Quieres ser mi amiga? -Vale -contestó la foca.
Entonces, la foca le dio el don de respirar en el agua, y también el don de hacer felices a los demás. Ismaíl le preguntó por qué lloraba, y la foca le dijo que ella tampoco tenía amigos. Así que acordaron que irían a buscarlos.
Encontraron a una conejita y a un canguro, y así más y más. Ya eran 332 en la pandilla, pero encontraron a una mona. Ismaíl descubrió que tenía un secreto, y era que la mona tocaba la batería.
En la pandilla fueron 333 y crearon un grupo de música chulísimo que se llamaba The Littlest Pets. Y chimpín, chimpón, este cuento se acabó.
Este poema sobre a lingua galega foi enviado pola familia de Jacobo. Sabemos que a súa nai, a nosa querida Laila, traballou para conseguir as palabras máis axeitadas, e certamente conseguiuno. Por esa razón, e sobre todo pola súa inestimable colaboración con este pequeno blog, publicamos a súa fermosa poesía.
Nin lonxe de ti te podo esquecer, lingua da miña aldea, lingua do meu querer.
Arrecendes coma as xestas, alumeas coma o sol, cristalina coma a auga, lingua do meu amor.
Porén moitos te rexeitan, pero ti aí te mantés, coma a herba nos prados, coma nas leiras a mes.
Non deixes que te derruben, loita sen esmorecer, despois de moitas batallas ao fin has de vencer.
Afortunados por termos dúas linguas, as dúas imos defender, non nos obriguen a unha ou outra, cadaquén elixa ao seu parecer.
Hoxe visitamos a Casa das Ciencias, e estivemos no seu planetario. Pero antes de saír chegou Lorenzo cunha gran bolsa de plástico. Era para celebrar o seu cumpreanos. Por iso regaloulle a cada compañeiro unha bolsiña de chuches, e incluso para Ismaíl había unha. Cando volvimos da visita, cantamos tres veces a súa canción, e Lorenzo sentiuse moi feliz. ¡Felicidades, amigo!, e que cumpras motísimos máis.
No noso blog amigo Ítaca, hai tempo que está un estupendo recurso para practicar as sumas, as restas e as multiplicacións. Como Ismaíl sabe que se cometen aínda algúns erros, deixamos tamén aquí ese sitio de Internet. Porque sempre será necesario facer operacións e non fallar.
Se non entrenas, despois non te queixes se resultas “cazado”. Ah, a partir de agora aparecerá na sección de mates…
Había una vez una hermosa sirena que quería tener amigos. Un día pidió a su estrella que la convirtiera en humana, y la estrella así lo hizo.
Entonces, encontró un fantasma solitario. El fantasma se alegró y decidió ser su amigo. Y se fueron juntos a una mansión árabe con letras muy antiguas.
Allí, había un escorpión muy triste que hizo lo mismo que el fantasma. Y los tres juntos se hicieron amigos muy inseparables.
Había una vez, cuando el mundo era cuadrado, un gnomo llamado Ismaíl. Sabía todos los secretos del mundo, menos donde estaba un sitio llamado El Fin del Mundo.
Ismaíl fue en su busca y se encontró con una hada. Ismaíl le dijo:
-¡Qué guapa eres!
Y el hada le contestó:
-¡Salva a la princesa Fátima!
Ismaíl la rescató, y ella le ayudó a encontrar el secreto del fin del mundo. Aunque no lo entendió demasiado. Y azulín, azulado, este cuento está acabado.
Xogarás contra o ordenador, que é moi pillabán. Ti usarás os equis mentres él utiliza os ceros ou círculos. Gaña o que primeiro forme una liña horizontal, vertical ou diagonal con 5 das súas figuras. ¡Ollo, que terás que estar moi atento para vencer!
Preme onde di Jouer, que quere dicir Xogar en francés.
Un día, Nasrudín contoulle a Ismaíl o que lle pasara a noite anterior. Ao parecer, mentres durmía tivo un estraño soño. Un rico descoñecido chegou para facerlle unha visita e deulle nove euros. Pero Nasrudín rexeitounos dicindo:
-¿E por que só nove? Dame un máis e así a cifra será mellor…
Entón, aquel home negouse. Nasrudín insistiu, suplicou, e falou con tantas ganas que terminou por se espertar. Vendo a súa man baleira, entristeceuse polo seu mal carácter que lle fixera perder un agasallo tan inesperado.
Por esa razón, volveu a adoptar a postura do sono e presentou as súas desculpas ao descoñecido. E díxolle que estaba de acordo, e que aceptaba os nove euros.
Ismaíl preguntoulle:
-¿E logo que pasou?
-¡Nada, que pola miña culpa quedei sen nada! -contestou o seu amigo Nasrudín.
¿Que pensas deste conto? ¿Algunha vez soñaches algo que parecía de verdade? ¿Perdiches algunha cousa por querer aínda máis? Veña, escribe e comenta, e conta, conta, conta…
Os porcos son uns animais moi queridos en Galicia. E como estamos na semana das Letras Galegas, parece un bo momento para coñecer a historia dunha porquiña chamada Madeleine. Chéganos de parte de Belen e a súa Casa de Tol@s. Así que, xa sabes, envíalle se podes algunha mensaxe á nosa amiga, que Ismaíl saberá agradecer ese feito. Ah, e a partir de agora estará na nosa sección de actividades…
Este fin de semana se celebraron los campeonatos gallegos de gimnasia artística. Nuestra compañera Noelia se proclamó campeona en su categoría (N1), y, además, consiguió la medalla de oro en todas las especialidades. Al final, ganó nada menos que 5 medallas de oro. ¡Tres hurras por nuestra campeona!
Le ballon é un pequeno vídeo de animación realizado en Francia. É un vídeo pequeno pero é uhna película grande, que en galego significa O globo. Con ela, Ismaíl entendeu a onde van todos eses globiños que os nenos e as nenas algunhas veces perden. Outras veces, en cambio, parece coma se os globos escapasen das súas mans cara algún lugar secreto. Agora, despois de ver este vídeo, Ismaíl cre que descubriu o misterio. ¿Ou non…?
En nuestra sección de mates hay una web para practicar las tablas de multiplicar. A Ismaíl le parece que no utilizáis mucho estas ayudas para aprender. Pues en ese sitio puedes estudiar las tablas, practicar con ellas y comprobar si las sabes. Por eso, no entiende que algunos seáis “cazados” tantas veces por fallar en la multiplicación. Pero nosotros sí que lo entendemos, ¿verdad? Ji ji ji…
No mes de xaneiro falamos dos primeiros contadores de historias da clase. Recordo que se elixiran despois de chegar aos 50 contos publicados. Agora xa perdemos a conta, pois a nosa pequena fábrica de literatura non deixou de inventar historias.
Hoxe queremos destacar aos que máis traballaron, de forma individual ou en equipo. Por sorte, foron tantos que esta listaxe ten que ser grande. E claro que o é. En maio, os contadores de historias son: Ana, Óscar, Daniel, Jacobo, Iria, Irene, Miguel, Noelia, Alicia e Andrea.
Pola mañá, antes de que chegasen os nenos, entrou na aula a nai de Iria. Como a súa filla quería celebrar con todos o seu cumpreanos, traía da súa parte unha boa tarta de queixo e bolsiñas de chuches, e tamén unha bolsa de caramelos para Ismaíl. E antes do recreo, cantamos coma sempre, mentres Iria buscaba unha amiga para facer o reparto… ¡Felicidades, Iria!
Recibimos este bonito selo da nosa amiga Fátima e do seu blog Blogstórias Essenciais. Sabemos que a poesía utiliza as palabras dunha forma única, e talvez os nosos blogs serán lembrados se facemos o mesmo. Por iso, as regras deste novo xogo son:
Publicar o selo.
Enlazar a quen o ofreceu.
Pasalo a 10 amigos.
Avisar aos premiados.
Ismaíl prefire que sexa eu quen faga esa listaxe de amigos e amigas, mentres el envía un saudiño máxico para todos. Polo tanto, estes son hoxe os meus blogs:
Un día se fue de viaje para encontrar a su amada princesa. Llegó al mundo de los sueños, y allí la encontró. Se fueron a la habitación del príncipe y entonces se enamoraron.
Un campesino andaba recogiendo moras, frambuesas y nueces. Y se fue adentrando en el bosque más y más, hasta llegar al castillo donde estaba la princesa. Sintió curiosidad y subió.
Cuando vio a la princesa, se enamoró de ella, y ella se enamoró de él. Decidieron que se casarían.
O campesiño decidiu ver o castelo da princesa. Entrou e mirouna. E namorouse completamente. A princesa mirou ao campesiño e os dous namoráronse. A princesa decidiu casarse con el.
Entón, o campesiño xa non era un campesiño. Era un príncipe porque era o noivo da princesa. O día seguinte foron ao bosque e fixeron un picnic.
Acordaron ir de viaxe a Francia. Despois casáronse e o príncipe deulle un anel, e a princesa tamén.
Fueron de viaje, pero de repente aparecieron dos dragones y secuestraron a las princesas. En su búsqueda pasaron tres trampas increíbles. La primera trampa era pasar un pozo de cocodrilos. Y también pasaron un mar lleno de tiburones. La tercera trampa fue pasar un bosque encantado donde decían que había demonios, brujos, brujas y ogros.
Los que mandaban en aquel bosque eran los dragones, que secuestraran a las princesas. Pero aparecieron los príncipes y les ganaron.
La princesa miraba por la ventana del castillo con amor, porque su príncipe se había ido de viaje por el bosque para buscar un anillo mágico.
La princesa le pidió a sus soldados que le hiciesen un vestido para ir a buscar a su príncipe. La princesa buscó y buscó por el bosque hasta que lo encontró.
Dedicamos este conto ás nosas nais, Luz, Asunción, Patricia e Macarena; e tamén aos nosos pais, José Ángel, Michel, Andrés e Julio.
Había unha vez unha princesa que vivía nun castelo moi afastado. A princesa estaba capturada por un dragón malvado. A princesa tiña un anel máxico, pero o dragón quitoullo.
Un día veu un príncipe a rescatar á princesa. Pero non sabía como facelo. O príncipe loitou contra o dragón, e venceuno. E colleu o anel e as chaves do castelo.
Despois, o príncipe e a princesa namoráronse completamente e casáronse nunha igrexa preto do castelo. Uns meses despois tiveron fillos.
Esquecimos dicir que os dous últimos contos, A princesa con amor no seu corazón e Los padres más fantasticos, forman parte dunha sesión do noso taboleiro. As experiencias coa arte de inventar historias aínda non remataron, xa que son a finalidade principal deste blog de aula.
Para esta nova sesión, a aula elixiu especialmente as seguintes palabras: princesa, príncipe, muller, home, castelo, bosque, anel, viaxe e amor. Con este vocabulario máxico crearon máis historias sorprendentes, esta vez dedicadas ás súas familias. Así celebramos o Día da Nai, que é o 3 de maio. Por iso, nas elaboracións individuais dos contos, os protagonistas son os seus propios pais: príncipes e princesas, homes e mulleres. ¡Felicidades!