Había unha vez unha pobre nena que vivía nas montañas. Chamábase Candela e sufría unha enfermidade que a tiña nunha silla de rodas e que non lle permitía saír da casa moitas veces. Porque na montaña a silla de rodas non podía andar ben.
A súa nai ensináralle a ler e a escribir. E Candela pasaba as tardes mirando a paisaxe dende a ventá da súa habitación. Era precioso: tranquilidade, moita natureza, flores fermosas, animais, neve nas montañas, un río coa súa ponte e cheo de peixes.
Todas as tardes visitábaa unha pomba branca. Pero un día a pomba chegou ferida. Candela abriu a ventá coa axuda da súa nai. Entre as dúas fixéronlle as curas, e aos catro días a pomba estaba curada. Pero cando abriron a caixa onde a tiñan descansando, viron que se convertera nunha fada.
A fada deulles as grazas polos seus coidados, e voou cara ás montañas xeadas. De repente, Candela notou un formigueo nas pernas. E dende entón camiñou soa pola montaña, detrás das bolboretas e das ovellas, e ata axudaba a muxir as vacas.
Xa podía ir cos outros nenos á escola do pobo. Ela sabía que fora a súa amiga a fada. E por iso conversaban e merendaban xuntas todas as tardes na beira do río. ¡Sempre que non chovese!
[Irene Losada Bestilleiro]