As estrelas
No taboleiro que hai entre as aulas de segundo, colocamos un cartel cunhas palabras do escritor Jan Uliciansky. No ano 2006 serviron para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil:
As estrelas son os libros
que iluminan o ceo de noite.
Como xa len libros, pois son nenos e nenas maiores, alí deixarán as súas mensaxes para recomendar aos demais esas obras coas que tanto disfrutaron. Así, servirán para iluminar as nosas aulas, o colexio e o noso pequeno mundo. Talvez non será para tanto, pero non importa. Agora as estrelas tamén son eles e elas...