O cabalo e o xinete
Nun país moi lonxano vivían un home e un cabalo que se levaban moi ben. Cando lle poñía a silla, o cabalo levantaba as dúas patas dianteiras. Entón, o xinete subía dun salto.
Os dous tiñan unha cova secreta. O home dicíalle: "ábrete, cova máxica", e a cova abríase. Na cova tiñan un tesouro gardado. E eran ricos, tan ricos que podían mercar case todo.
Un día o cabalo enfermou. Pero o xinete gastou todo o ouro para poder curalo. E colorín, colorete, pola cheminea vai un foguete...
[Eloy Carro Barros]