Outro paso adiante
Na última sesión de creación de historias introducimos unha novidade. Primeiro formamos as parellas para a nova tarefa. Despois, para o conto que debían inventar, cada grupo escolleu as fórmulas marabillosas e as palabras poderosas máis axeitadas. Pero tamén usamos unha carta especial.
Foi Lorenzo o encargado de elixir esa carta, que estaba nunha baralla que lles mostrei, aínda que a clase non coñecía todo o seu misterio. A carta escollida indicou que, ademais dos elementos anteriores, cada grupo tiña que incluír no seu conto un obxecto que tivese algún poder máxico.
Ao principio, houbo algunhas caras de sorpresa. Pero rapidamente descubriron as posibilidades do xogo, e sen dúbidas buscaron con decisión as novas historias.
Había tempo que non empregaba este recurso. Esa baralla de cartas é una especie de tarot para inventar historias. O escritor e mestre italiano Gianni Rodari explicouno moi ben no seu libro Gramática da fantasía. E sempre se disfruta cando recordamos as súas ideas e os seus libros, que seguen a manter a súa utilidade na escola.
Creo que nuestros pequeños autores se lo pasarán fenomenal con ese "experimento". A mi cada día me sorprenden más con su imaginación. Saludos. María (mamá de Miguel)
Es muy bonito verlos jugar con su imaginación y escribir historias con toda "seriedad"... Alguien dijo que los cuentos funcionan como una fábrica de comprensión, y estoy de acuerdo con esa idea.
Publicar un comentario