¡Hai outro novo blog!

Dixemos que este blog quedaría así, tal como está, como o recordo dun curso que foi moi bonito. Pero a vida segue, non se para. Por exemplo, a miña aula xa non é a mesma, pois agora teño alumnos de 5º, no Terceiro Ciclo. Por iso abrimos un novo blog, para eses nenos e nenas, para o mesmo Ismaíl, xa que os dous andamos xuntos. Así que, como podedes imaxinar, o nome deste blog de aula que acabo de abrir é ben coñecido: Escola de Ismaíl, para o curso 2009/2010.

Escola de Ismaíl, 2009/10

De todos modos, non se trata da mesma escola. Os alumnos non son iguais e a aula tamén é distinta. Pero estades invitados, agora e sempre: agardamos a vosa visita, esperamos os vosos comentarios, e pedimos para todos os mellores desexos.

¡BOA SORTE! ¡FELIZ NADAL!

Mensajes para felicitar

¡Hooola! ¡Hooola! ¡Hooola! Ismaíl se acuerda mucho de vosotros, y yo también, claro. Por eso, como estamos en el mes de la Navidad. queremos jugar a dejar mensajes. ¿Qué? ¿Os animais? Pues empezamos…

Sigue estos consejos: Para escribir, pulsaa en Clear y se borrará todo. Después pulsas en las letras y la las llevas al encerado para escribir un mensaje o pedir un deseo. En Caps hay mayúsculas, en lower case están las minúsculas, y también hay colores diferentes. Si precisas números, ¡los buscas! Ah, Save es para guardar.

Los cuentos secretos

¡Hola, hola, hola! ¿Cómo estáis? Ismaíl espera que bien, que muy bien… Os escribimos para daros una noticia bonita. ¿Os acordáis de Montse y de los niños de su biblioteca? En junio, nos enviaron un cuento titulado La poción, que publicamos en el blog. Pues bien, ahora hemos recibido dos historias más, escritas por otros niños y niñas diferentes. Los títulos de los cuentos y el nombre de los autores están en este libro, Los cuentos secretos. Seguro que os gustarán y que después dejaréis vuestros comentarios para que esos amigos, desde Lleida, puedan leerlos y conocer vuestra opinión… ¡Ánimo, y no os olvidéis!

Los cuentos secretos

Pulsa en la imagen o aquí para ver los cuentos.

O final

Este blog, despois de case un ano de vida, chegou ao seu final. Por iso xa non se publicarán máis noticias, a non ser que se trate de algo especial. Porque as nenas e os nenos que protagonizaron este sitio, non están aquí. Aprenderon tantas cousas e medraron tanto, que cambiaron de aula para empezar un novo curso.

Ismaíl e máis eu preferimos que o sitio quede así, tal e como está, sen cambiar nada. Sempre que volvamos para visitalo, lembraremos as historias que garda este blog. Pois foi de todos, foi o noso blog e tamén o das vosas familias. Así que agradecemos esa atención con este último vídeo. 

O que non cambia é a maneira de deixar mensaxes e comentarios para Ismaíl ou para min. Gustaríanos recibir moitos, e prometemos contestar todos. Por esa razón, felicitamos desde aquí a Sergio, xa que nos informou de que ía ter un irmanciño, ou unha irmá, quen sabe… Saúdos tamén para toda a familia.

Ah, máis adiante Ismaíl terá un novo blog, porque a vida segue, claro…

Un novo conto

Durante os próximos meses, Ismaíl e mais eu andaremos algo ocupados. Hai algúns asuntos que debemos resolver, e teño algúns traballos que escribir coa súa axuda. Iso non quere dicir que este blog vaia pechar. Non… Pero si que a partir de agora faremos outras cousas.

Realmente xa empezamos. Así, para aproveitar as posibilidades que ofrece Internet, collimos estas catro historias para facer unha nova:

Con esas historias fixemos un conto que se titula Ismaíl e o xigante, pero é distinto a outro que tamén se chamou así.

Preme para ler o conto

Agora ten a forma dun libro electrónico, con varias páxinas que debes ir pasando para ler a historia enteira. Se queres, tamén podes escoller unha voz de robot de home, muller ou neno para que lea por ti. ¡Pero creo que aínda non o fai moi ben!

Polgariño ao completo

Hai xa moito tempo, ao principio do curso 2008/09, empezamos a experimentar coa arte de inventar historias. Como os contos populares aínda existen, foron os nosos aliados. Por esa razón, a experiencia recibiu un nome: O proxecto Polgariño

As historias que aqueles nenos e nenas inventaron tiñan as fórmulas da marabilla (1), e xogaban coas palabras poderosas (2), e tamén utilizaban o binomio simbólico (3). Ademais, algunhas historias naceron a partir dun taboleiro fantástico… ¡Canto disfrutou agora Ismaíl ao lembralas!

sonst058 (1) AS FÓRMULAS DA MARABILLA: El ladrón, el pez y la princesa; El dragón y el mago; El pozo de los cuentos; O poliño pequechiño; El perro y la perra; O dragón negro e a princesa; Ismaíl y el gorro.

sonst058 (2) AS PALABRAS PODEROSAS: O bosque, a perla e a lúa; A lebre; A lúa, o xabarín e a perla; O diamante, o anel e a rosa; A árbore, a raíña e o martelo; O anel secreto; O bastón máxico; A raíña e a árbore; O neno e a espada máxica; A perla e a serea; O anel secreto; O castelo encantado; As estrelas preciosas; O porco e o ovo de ouro; O unicornio e a bruxa malvada; Os ananos.

sonst058 (3) O BINOMIO SIMBÓLICO: O dragón e os xoguetes máxicos; La estrella y el dragón; O supermercado e a perla; Ismaíl y su hermano; Un demo no avión; El ordenador que tenía una estrella; A rosa e o libro; Ismaíl y la estrella fugaz; Ismaíl y el bosque encantado; Ismaíl y el castillo; A bruxa xoguetona; Ismaíl y la estrella; La magnífica aventura; A perla e os cinco amigos; Ismaíl y el mundo paralelo; A illa misteriosa; A bruxa que quería aprender a ler; Ismaíl y el tesoro del ogro; Ismaíl y la princesa Fátima; O tesouro marabilloso; O príncipe e o anel; El mundo del ordenador.

sonst058 (4) O TABOLEIRO FANTÁSTICO: Os dous namorados; A serea que viviu dous mundos; A serea e a estrela; A serea e a súa aventura; O can que non tiña amigos; A serea e o príncipe; A serea, a estrela e a balea; O monstro que se converteu en serea e ximnasta; O mozo e a serea; Las princesas y los campesinos; A princesa e o dragón; La princesa y el anillo mágico; El viaje; A princesa prometida; La princesa y el campesino; El príncipe y su viaje; La princesa y el príncipe; A princesa fermosa; A princesa con amor no seu corazón; Los padres más fántásticos.

HADA_003

Hai un pequeno problema: nesta listaxe non están todas as historias. Faltan as que escribiron na súa casa de maneira individual ou coa colaboración da familia, que foi tan importante para nós. Pero son tantos os contos, que aquí case non temos sitio…

¡Que verán!

Aínda que o sol non quente moito, o mellor é non aburrirse. E neste sitio que se chama Escritorio de Verano 2009, e que presenta a Junta de Castilla y León, hai un montón de xogos e actividades para aprender. Así que veña, ¡xoga, practica e disfruta!

Ah, Noelia, moitísimas felicidades por eses triunfos deportivos

Dibujo

Para xogar preme aquí ou na imaxe.

Piensa y juega en verano

De parte de Ismaíl, os presentamos una web con un montón de juegos de calidad. Tiene 807 juegos, entre puzzles, juegos de habilidad, de tablero, juegos mentales, etc. Así, desarrollarás tu inteligencia jugando… ¡Anímate! 

Para jugar haz click aquí o en la imagen.

¡Ata setembro!

Aínda que andaremos por aquí de cando en vez, xa non será o mesmo. Estamos no verán e temos que facer cousas diferentes. Así empezaremos o próximo curso con novas e máis forzas. Ah, atentos á sección Feliz verán 2009, onde haberá sorpresas.

¡Que bonita é a praia!

Ao parecer, Ismaíl ten pensado viaxar moito este verán. Creo que o necesita, e el sábeo. Pois neste curso viviu emocións tan bonitas que non quere esquecelas xamais…

Ismaíl e os libros

Ismaíl en Campo do Monte, Montouto (Abegondo)

Unha sorpresa máis

Como xa contamos noutra ocasión, en Ismaíl o viaxeiro, Montserrat Mouco é unha grandísima costureira. É a nai de Inés, e o curso pasado fixera para Ismaíl roupa moi bonita e moi cómoda.

Este curso sorprendeuno outra vez. O último día de clase regaloulle a mesma roupa coa que aparece na portada do blog. Toda igual e perfectamente cortada e cosida. Así que os dous acordamos facer unha sesión fotográfica con esa roupa regalada. Pero como queremos luz natural e estes días non houbo moito sol, estamos agardando… ¡Estade ben atent@s!

Ah, e mentres esperamos, aquí están os primeiros xogos do verán, que chegan desde O Recanto de Mik. ¡A xogaaaaar…!

Cuaderno de Pasatiempos 

Preme aquí ou na imaxe para empezar.

O cumpreanos de Miguel

Hoxe foi o último día de clase e por iso non tivemos unha xornada normal. Entre outras cousas, fixemos a festa de fin de curso. Pero houbo algunhas sorpresas, como o cumpreanos que celebrou Miguel. E xa que había moitas larpeiradas para a festa, tróuxolles aos seus compañeiros algo diferente: un lapis especial e o seu afiador. Para que así non se esquezan de inventar historias durante o verán. As outras sorpresas non as descubrirei agora, quedan para outro día…

Miguel

A memoria de Ismaíl

Desde o final dun curso ata o principio dun novo sempre hai un tempo de silencio. Nese tempo vive a memoria, que traballa para que non desaparezan as emocións. A Ismaíl, despois de todo, iso parécelle incrible, e pola súa parte non sucederá.

Unha soa palabra para todas as familias: ¡grazas!

O cumpreanos de Sofía M.

Onte, Sofía M. celebrou con todos nós o seu novo cumpreanos, e por iso invitou aos seus compañeiros e compañeiras. E, por suposto, Ismaíl tamén foi convidado. Así que cada un recibiu unha bolsiña de chuches, e que abrimos na clase pois xa estamos ao final do curso. E ao igual que fixera antes Lorenzo, Sofía M. tamén trouxo para unha compañeira celíaca uns chuches especiais. Para que non se sinta fóra da súa clase por culpa duns caramelos. Ismaíl, no seu nome, dá as grazas a esas familias tan atentas.

Ah, e cantamos ata tres veces a súa canción nese día tan bonito.

Sofía M.