O final
Este blog, despois de case un ano de vida, chegou ao seu final. Por iso xa non se publicarán máis noticias, a non ser que se trate de algo especial. Porque as nenas e os nenos que protagonizaron este sitio, non están aquí. Aprenderon tantas cousas e medraron tanto, que cambiaron de aula para empezar un novo curso.
Ismaíl e máis eu preferimos que o sitio quede así, tal e como está, sen cambiar nada. Sempre que volvamos para visitalo, lembraremos as historias que garda este blog. Pois foi de todos, foi o noso blog e tamén o das vosas familias. Así que agradecemos esa atención con este último vídeo.
O que non cambia é a maneira de deixar mensaxes e comentarios para Ismaíl ou para min. Gustaríanos recibir moitos, e prometemos contestar todos. Por esa razón, felicitamos desde aquí a Sergio, xa que nos informou de que ía ter un irmanciño, ou unha irmá, quen sabe… Saúdos tamén para toda a familia.
Ah, máis adiante Ismaíl terá un novo blog, porque a vida segue, claro…
Bueno pois entón estaremos pendentes dese novo blog co que Ismaíl espallará máis maxia e fantasía. Os meus parabéns polo traballo que ti e o teu alumnado fixestes durante este tempo e o meu agradecemento por todo o que disfrutei e aprendín con vós.
Moitos bicos e apertas e ata sempre.
Moitas grazas a ti, Mik, porque sempre estabas aí, para contarnos cousas e para demostrar que un ratiño de biblioteca é un dos seres máis intelixentes que hai. E Mik, de todos eles, é un dos mellores...
Que teñas moita sorte, e tamén moito queixo...
Un grande abrazo, Ismail. Felizmente é unha despedida temporal.
Fins aviat Ismail!
Atentament
Para os dous, José António Lozano e Senyor i, sei que estades aí fóra pero sempre dispostos a aparecer, se é preciso. É unha honra ter amigos na rede así...
:( botaremos de menos as historias que nos contaban estos nenos e nenas. Menos mal que Ismail seguirá enchendo de maxia o ciberespacio e as nosas vidas je je
Moitos bicos e moita sorte
A sorte de Ismaíl é poder coñecer xentes tan estupendas en internet, como Mik, José António, o Senyor i e a Tolinha... Sinto un pouco de envexa, voulle pedir eu tamén algún desexo, que xa está ben... :-(
Ismaíl e Mario, que historia tan bonita. E, para nós formar parte do vosa historia foi e é un soño.
Fins les properes aventures!
Montse, creo que xa sodes parte da historia de Ismaíl. A el encantaríalle que así fose, e eu que vou dicir... Que hoxe de noite brindarei por vós acompañados dun "raimat"... :-)
Saúde!
Mario yo he empezado a ler libros de Harri Poter 1 2.
besos
Ánimo, Miguel, que esas cosas las hacen los auténticos campeones. O sea, que tú eres un campeón...
Hola Ismail e Mario:
¡¡Que peniña!!!! Vaise votar de menos, o blog, pero entendo que todo o que empeza ten un final.
Os nenos terán un recordo estupendo na red. Eu teño o Link gardado e Noelia poderá entrar sempre que queira, e lembrará todo o que fixo nel .
Sería boa idea que o novo curso poidera retomar a idea, creando outro blog ou seguindo con este, pero iso sera cousa do novo titor ou titora.
Agradezoche no meu nome e no de Noelia todo tempo invertido neste blog, sei por experiencia que se lle ten que adicar tempo para telo con xeito.
Un bico para Mario e Ismail, seguiremos en contacto pola Escola.
Agradecemos tamén a vosa colaboración, Sandra, e nós seguiremos contando con Noelia, claro que si. Este blog quedará así en internet, como un recordo dixital, para regresar a el cando queiramos. Pero Ismaíl, no seu momento, terá un novo blog e ao que xa estades invitadas. Porque a vida segue...
Un saúdo afectuoso para toda a familia.
Moitas grazas Ismaíl e Mario por deixarnos participar neste bog;e así poder formar parte de todo ese mundo maravilloso, no que tantas cousas compartimos ente Ismaíl,Mario,niños,familias e todos eses colaboradores de éste blog;que de outro xeito nunca tendríamos.
Un biquiño moi grande de parte de Ali e de toda familia.
Vemonos...
A.M., o blog quedará así en internet e na nosa memoria. Por eses días que pasaron, pero tamén por todo o bo que seguro aínda chegará. Os meus mellores desexos para vós, para Alicia... A ver cando podemos vernos.
Un abrazo, e de parte de Ismaíl un biquiño máxico.
Que sorte para Ismail coñecer a novos nenos e que sorte teñen eses nenos de disfrutar de Ismail!!!
O Lapis Falador tamén!
Moitos bicos
Qué lástima que algo tan bonito acabe, voy a echaros mucho, muchísimo de menos, de veras. Gracias a vosotros sé un mogollón de cuentos, tiernos, fieros, simpáticos, tristes, alegres, ¡¡sois fantásticos niños y niñas!!Muchas gracias a nuestro pequeño-gran Ismaíl y a Mario que tanto nos han dado en este pasado curso.
Quiero aprovechar para felicitar a Sergio y a sus papás porque pronto llegará un pequeñín o pequeñina a esa familia.
Hasta siempre Jacobo,Aarón y Laila
Tamén seguiremos a ese lapis falador, que promete tantas cousas... Ademais, Ismaíl non esquece aos seus amigos.
Laila, dice Ismaíl que os salude a ti y a tu familia, algo que hago de corazón. Tal vez pueda cumplir uno de tus deseos: tener los cuentos en forma de libro. Alguna cosa haré y te avisaremos. Pero estará en el blog, y la familia que lo desee podrá imprimir las historias para darles la forma de un libro... Espero que te guste la solución.
Sergio e seus pais agradecen os parabens de Mario e Ismail.De seguro que imos vernos a miudo no colexio;unha aperta.
Noraboa para a familia de Sergio, xa que vai medrar e el seguro que estará ben contento... Agora será o neno maior!
Un saúdo
Eh, sabedes que acabo de saber? Que Sergio está a preparar o seu propio blog! Que notición! Sergio, ánimo, que así falaremos de máis cousas. Conta coa nosa axuda sempre...
Que si me parece Mario la idea buena??? me parece brillante, y mientras, voy a volver a leer esos maravillosos cuentos que forman ya parte muy importante de nosotros, y cuando tu tengas tiempo -que escaseará-, y tengamos ese libro, lo imprimiré, como no. Por favor no dejes de avisar, así todo, estaré pendiente de este blog. Tramite muestros afectuosos saludos a nuestro Ismaíl.
Sergio, avísanos cuando tengas ese blog eh majete.
Hola me alegro de que non pechedes na clase me siento rara bueno chao
Publicar un comentario