O que hai que ver
A partir de hoxe a nosa listaxe de enlaces será moito máis grande. Por iso, gustaríame que cada novo sitio do noso blog fose para vós coma un regalo de Nadal. Así, Internet será un lugar para xogar e para explorar, e tamén para ler e escribir.
Na sección Contos do mundo recomendo as historias de Childtopia, porque son contos moi bonitos. Ademais, podes escoitalos en castelán, en inglés, en francés, en catalán e en vasco. Aínda non están en galego, pero xa estarán... De paso, como xa escribides moito, ide á sección Escribir e atrevédevos con Pancho y su máquina de hacer cuentos. Ánimo, que sodes nen@s máxic@s...!
Na sección Lectura destaca especialmente o Fondo lector, pero os demais sitios tamén valen moito. E non sei que dicir da sección Mates, con eses números, operacións e problemas. Ah, que hai unhas marabillosas táboas de multiplicar.
A sección de Medio é fantástica. Ademais de cabaleiros e castelos, agora hai un extraterrestre, un mapa de España e incluso unha araña. Así que anda con coidado, pois é unha carnívora terrible. Pica co rato no mapa de Europa para alimentala.
Da sección Xogos non vou contar nada máis. Explorádea porque hai moitísimas cousas novas. E tamén tedes que visitar un blog que ten o noso colexio, e que se chama Ítaca. Está cheo de sitios fabulosos para descubrir...
[Ismaíl]
A ver se alguén conta algo dos novos enlaces do blog. Que estou un pouco aburrido...
Mario, vou botar un ollo a todo e xa te contarei, pero os meus pais non me van deixar moito tempo ata a fin de semana.
Ai, Miguel, que faría o Mario sen ti... Aproveita a cea e non deixes nada.
Mario, ya estuve mirando un poco. Jugué con la araña y el extraterrestre y lo pasé muy bien, pero creo que aún me queda mucho por mirar. Espero que te recuperes pronto.
Publicar un comentario