Para as familias
Comezamos a poñer no blog algúns enlaces de tipo educativo, para aproveitar tamén desde a casa os recursos que ofrece Internet. Estarán organizados baixo o título Escola e familia, o que permitirá a súa rápida localización.
O luns deberán traer un pequeno conto, en galego ou castelán, elaborado a partir das fórmulas marabillosas. Xa as coñecen, iso agardamos tanto Ismaíl coma eu. Por se acaso, nas súas carpetas levan unha folla con esas fórmulas, aínda que están algo revoltas para que usen a memoria. As familias poden utilizar Contomundi...

