04 septiembre 2009

O final

Este blog, despois de case un ano de vida, chegou ao seu final. Por iso xa non se publicarán máis noticias, a non ser que se trate de algo especial. Porque as nenas e os nenos que protagonizaron este sitio, non están aquí. Aprenderon tantas cousas e medraron tanto, que cambiaron de aula para empezar un novo curso.

Ismaíl e máis eu preferimos que o sitio quede así, tal e como está, sen cambiar nada. Sempre que volvamos para visitalo, lembraremos as historias que garda este blog. Pois foi de todos, foi o noso blog e tamén o das vosas familias. Así que agradecemos esa atención con este último vídeo. 

O que non cambia é a maneira de deixar mensaxes e comentarios para Ismaíl ou para min. Gustaríanos recibir moitos, e prometemos contestar todos. Por esa razón, felicitamos desde aquí a Sergio, xa que nos informou de que ía ter un irmanciño, ou unha irmá, quen sabe… Saúdos tamén para toda a familia.

Ah, máis adiante Ismaíl terá un novo blog, porque a vida segue, claro…

25 comentarios:

  1. Bueno pois entón estaremos pendentes dese novo blog co que Ismaíl espallará máis maxia e fantasía. Os meus parabéns polo traballo que ti e o teu alumnado fixestes durante este tempo e o meu agradecemento por todo o que disfrutei e aprendín con vós.
    Moitos bicos e apertas e ata sempre.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas a ti, Mik, porque sempre estabas aí, para contarnos cousas e para demostrar que un ratiño de biblioteca é un dos seres máis intelixentes que hai. E Mik, de todos eles, é un dos mellores...
    Que teñas moita sorte, e tamén moito queixo...

    ResponderEliminar
  3. Un grande abrazo, Ismail. Felizmente é unha despedida temporal.

    ResponderEliminar
  4. Para os dous, José António Lozano e Senyor i, sei que estades aí fóra pero sempre dispostos a aparecer, se é preciso. É unha honra ter amigos na rede así...

    ResponderEliminar
  5. :( botaremos de menos as historias que nos contaban estos nenos e nenas. Menos mal que Ismail seguirá enchendo de maxia o ciberespacio e as nosas vidas je je
    Moitos bicos e moita sorte

    ResponderEliminar
  6. A sorte de Ismaíl é poder coñecer xentes tan estupendas en internet, como Mik, José António, o Senyor i e a Tolinha... Sinto un pouco de envexa, voulle pedir eu tamén algún desexo, que xa está ben... :-(

    ResponderEliminar
  7. Ismaíl e Mario, que historia tan bonita. E, para nós formar parte do vosa historia foi e é un soño.

    Fins les properes aventures!

    ResponderEliminar
  8. Montse, creo que xa sodes parte da historia de Ismaíl. A el encantaríalle que así fose, e eu que vou dicir... Que hoxe de noite brindarei por vós acompañados dun "raimat"... :-)

    ResponderEliminar
  9. Mario yo he empezado a ler libros de Harri Poter 1 2.


    besos

    ResponderEliminar
  10. Ánimo, Miguel, que esas cosas las hacen los auténticos campeones. O sea, que tú eres un campeón...

    ResponderEliminar
  11. Sandra(nai de Noelia)6 de septiembre de 2009, 12:38

    Hola Ismail e Mario:
    ¡¡Que peniña!!!! Vaise votar de menos, o blog, pero entendo que todo o que empeza ten un final.
    Os nenos terán un recordo estupendo na red. Eu teño o Link gardado e Noelia poderá entrar sempre que queira, e lembrará todo o que fixo nel .
    Sería boa idea que o novo curso poidera retomar a idea, creando outro blog ou seguindo con este, pero iso sera cousa do novo titor ou titora.
    Agradezoche no meu nome e no de Noelia todo tempo invertido neste blog, sei por experiencia que se lle ten que adicar tempo para telo con xeito.

    Un bico para Mario e Ismail, seguiremos en contacto pola Escola.

    ResponderEliminar
  12. Agradecemos tamén a vosa colaboración, Sandra, e nós seguiremos contando con Noelia, claro que si. Este blog quedará así en internet, como un recordo dixital, para regresar a el cando queiramos. Pero Ismaíl, no seu momento, terá un novo blog e ao que xa estades invitadas. Porque a vida segue...
    Un saúdo afectuoso para toda a familia.

    ResponderEliminar
  13. Moitas grazas Ismaíl e Mario por deixarnos participar neste bog;e así poder formar parte de todo ese mundo maravilloso, no que tantas cousas compartimos ente Ismaíl,Mario,niños,familias e todos eses colaboradores de éste blog;que de outro xeito nunca tendríamos.
    Un biquiño moi grande de parte de Ali e de toda familia.
    Vemonos...

    ResponderEliminar
  14. A.M., o blog quedará así en internet e na nosa memoria. Por eses días que pasaron, pero tamén por todo o bo que seguro aínda chegará. Os meus mellores desexos para vós, para Alicia... A ver cando podemos vernos.
    Un abrazo, e de parte de Ismaíl un biquiño máxico.

    ResponderEliminar
  15. Que sorte para Ismail coñecer a novos nenos e que sorte teñen eses nenos de disfrutar de Ismail!!!
    O Lapis Falador tamén!
    Moitos bicos

    ResponderEliminar
  16. Qué lástima que algo tan bonito acabe, voy a echaros mucho, muchísimo de menos, de veras. Gracias a vosotros sé un mogollón de cuentos, tiernos, fieros, simpáticos, tristes, alegres, ¡¡sois fantásticos niños y niñas!!Muchas gracias a nuestro pequeño-gran Ismaíl y a Mario que tanto nos han dado en este pasado curso.
    Quiero aprovechar para felicitar a Sergio y a sus papás porque pronto llegará un pequeñín o pequeñina a esa familia.
    Hasta siempre Jacobo,Aarón y Laila

    ResponderEliminar
  17. Tamén seguiremos a ese lapis falador, que promete tantas cousas... Ademais, Ismaíl non esquece aos seus amigos.

    ResponderEliminar
  18. Laila, dice Ismaíl que os salude a ti y a tu familia, algo que hago de corazón. Tal vez pueda cumplir uno de tus deseos: tener los cuentos en forma de libro. Alguna cosa haré y te avisaremos. Pero estará en el blog, y la familia que lo desee podrá imprimir las historias para darles la forma de un libro... Espero que te guste la solución.

    ResponderEliminar
  19. Sergio e seus pais agradecen os parabens de Mario e Ismail.De seguro que imos vernos a miudo no colexio;unha aperta.

    ResponderEliminar
  20. Noraboa para a familia de Sergio, xa que vai medrar e el seguro que estará ben contento... Agora será o neno maior!
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  21. Eh, sabedes que acabo de saber? Que Sergio está a preparar o seu propio blog! Que notición! Sergio, ánimo, que así falaremos de máis cousas. Conta coa nosa axuda sempre...

    ResponderEliminar
  22. Que si me parece Mario la idea buena??? me parece brillante, y mientras, voy a volver a leer esos maravillosos cuentos que forman ya parte muy importante de nosotros, y cuando tu tengas tiempo -que escaseará-, y tengamos ese libro, lo imprimiré, como no. Por favor no dejes de avisar, así todo, estaré pendiente de este blog. Tramite muestros afectuosos saludos a nuestro Ismaíl.
    Sergio, avísanos cuando tengas ese blog eh majete.

    ResponderEliminar
  23. Hola me alegro de que non pechedes na clase me siento rara bueno chao

    ResponderEliminar