Un novo conto

Durante os próximos meses, Ismaíl e mais eu andaremos algo ocupados. Hai algúns asuntos que debemos resolver, e teño algúns traballos que escribir coa súa axuda. Iso non quere dicir que este blog vaia pechar. Non… Pero si que a partir de agora faremos outras cousas.

Realmente xa empezamos. Así, para aproveitar as posibilidades que ofrece Internet, collimos estas catro historias para facer unha nova:

Con esas historias fixemos un conto que se titula Ismaíl e o xigante, pero é distinto a outro que tamén se chamou así.

Preme para ler o conto

Agora ten a forma dun libro electrónico, con varias páxinas que debes ir pasando para ler a historia enteira. Se queres, tamén podes escoller unha voz de robot de home, muller ou neno para que lea por ti. ¡Pero creo que aínda non o fai moi ben!

Polgariño ao completo

Hai xa moito tempo, ao principio do curso 2008/09, empezamos a experimentar coa arte de inventar historias. Como os contos populares aínda existen, foron os nosos aliados. Por esa razón, a experiencia recibiu un nome: O proxecto Polgariño

As historias que aqueles nenos e nenas inventaron tiñan as fórmulas da marabilla (1), e xogaban coas palabras poderosas (2), e tamén utilizaban o binomio simbólico (3). Ademais, algunhas historias naceron a partir dun taboleiro fantástico… ¡Canto disfrutou agora Ismaíl ao lembralas!

sonst058 (1) AS FÓRMULAS DA MARABILLA: El ladrón, el pez y la princesa; El dragón y el mago; El pozo de los cuentos; O poliño pequechiño; El perro y la perra; O dragón negro e a princesa; Ismaíl y el gorro.

sonst058 (2) AS PALABRAS PODEROSAS: O bosque, a perla e a lúa; A lebre; A lúa, o xabarín e a perla; O diamante, o anel e a rosa; A árbore, a raíña e o martelo; O anel secreto; O bastón máxico; A raíña e a árbore; O neno e a espada máxica; A perla e a serea; O anel secreto; O castelo encantado; As estrelas preciosas; O porco e o ovo de ouro; O unicornio e a bruxa malvada; Os ananos.

sonst058 (3) O BINOMIO SIMBÓLICO: O dragón e os xoguetes máxicos; La estrella y el dragón; O supermercado e a perla; Ismaíl y su hermano; Un demo no avión; El ordenador que tenía una estrella; A rosa e o libro; Ismaíl y la estrella fugaz; Ismaíl y el bosque encantado; Ismaíl y el castillo; A bruxa xoguetona; Ismaíl y la estrella; La magnífica aventura; A perla e os cinco amigos; Ismaíl y el mundo paralelo; A illa misteriosa; A bruxa que quería aprender a ler; Ismaíl y el tesoro del ogro; Ismaíl y la princesa Fátima; O tesouro marabilloso; O príncipe e o anel; El mundo del ordenador.

sonst058 (4) O TABOLEIRO FANTÁSTICO: Os dous namorados; A serea que viviu dous mundos; A serea e a estrela; A serea e a súa aventura; O can que non tiña amigos; A serea e o príncipe; A serea, a estrela e a balea; O monstro que se converteu en serea e ximnasta; O mozo e a serea; Las princesas y los campesinos; A princesa e o dragón; La princesa y el anillo mágico; El viaje; A princesa prometida; La princesa y el campesino; El príncipe y su viaje; La princesa y el príncipe; A princesa fermosa; A princesa con amor no seu corazón; Los padres más fántásticos.

HADA_003

Hai un pequeno problema: nesta listaxe non están todas as historias. Faltan as que escribiron na súa casa de maneira individual ou coa colaboración da familia, que foi tan importante para nós. Pero son tantos os contos, que aquí case non temos sitio…