A pomba máxica

Había unha vez unha pobre nena que vivía nas montañas. Chamábase Candela e sufría unha enfermidade que a tiña nunha silla de rodas e que non lle permitía saír da casa moitas veces. Porque na montaña a silla de rodas non podía andar ben.

A súa nai ensináralle a ler e a escribir. E Candela pasaba as tardes mirando a paisaxe dende a ventá da súa habitación. Era precioso: tranquilidade, moita natureza, flores fermosas, animais, neve nas montañas, un río coa súa ponte e cheo de peixes.

Todas as tardes visitábaa unha pomba branca. Pero un día a pomba chegou ferida. Candela abriu a ventá coa axuda da súa nai. Entre as dúas fixéronlle as curas, e aos catro días a pomba estaba curada. Pero cando abriron a caixa onde a tiñan descansando, viron que se convertera nunha fada.

A fada deulles as grazas polos seus coidados, e voou cara ás montañas xeadas. De repente, Candela notou un formigueo nas pernas. E dende entón camiñou soa pola montaña, detrás das bolboretas e das ovellas, e ata axudaba a muxir as vacas.

Xa podía ir cos outros nenos á escola do pobo. Ela sabía que fora a súa amiga a fada. E por iso conversaban e merendaban xuntas todas as tardes na beira do río. ¡Sempre que non chovese!

Irene 

[Irene Losada Bestilleiro]

15 comentarios Enlaces a esta entrada

Miguel y su mami dijo...

Irene, un conto precioso. Sabes, a min gustariame muxir unha vaca, debe ser divertido.

Lorena dijo...

Que bonita estas de campanilla.

IRENE Y MAMI dijo...

MOITAS GRAZAS POLOS PARABENS

Ismail dijo...

Hai que mirar para que Irene non marche voando, agora que ten unhas ás tan fermosas...

Marta dijo...

Irene ese vestido te sienta bien a y el cuento es el mas chulo y largo que he visto en mi vida muchos besos tu mejor amiga.

Anónimo dijo...

Yo tambien tengo a una Candela en casa. Estas guapisima de rubia. Un cuento precioso!

A.M. dijo...

Gustoume moito éste conto Irene, cando estás lendo transmite moitas sensacións...
Por certo,fermosa campañilla.
Bicos.

A.M. dijo...

Mama de Miguel,por sorto vivín nunha granxa e entre outras cousas aprendín a muxir vacas.
Xe non dan patadas, a verdade é que te relaxas e das paso a todo tipo de sensacións...,caso contrario xa te poder preparar para buscar todo tipo de artimañas...
Faloche de ordeñar a man,con ordeñadora todo cambia evidentemente...
Un besazo.

IRENE Y RITA dijo...

Moitas grazas , chicos .

clara y andrea dijo...

Venga con la hada fuu.

iria dijo...

Hola Irene es el mejor cuento de la istoria ha que bonita de canpanilla.


Un beso muy grande...

ana dijo...

Un cuento muy bonito.Besos Irene.

Alba dijo...

Irene me gusto tu cuento.

ELENA . mama de ANA dijo...

Irene estas guapisima.Sigue a escribir historias tan fermosas como estas.

sofia martinez dijo...

Irene estas mui guapa de campanilla