¡Hai outro novo blog!

Dixemos que este blog quedaría así, tal como está, como o recordo dun curso que foi moi bonito. Pero a vida segue, non se para. Por exemplo, a miña aula xa non é a mesma, pois agora teño alumnos de 5º, no Terceiro Ciclo. Por iso abrimos un novo blog, para eses nenos e nenas, para o mesmo Ismaíl, xa que os dous andamos xuntos. Así que, como podedes imaxinar, o nome deste blog de aula que acabo de abrir é ben coñecido: Escola de Ismaíl, para o curso 2009/2010.

Escola de Ismaíl, 2009/10

De todos modos, non se trata da mesma escola. Os alumnos non son iguais e a aula tamén é distinta. Pero estades invitados, agora e sempre: agardamos a vosa visita, esperamos os vosos comentarios, e pedimos para todos os mellores desexos.

¡BOA SORTE! ¡FELIZ NADAL!

Mensajes para felicitar

¡Hooola! ¡Hooola! ¡Hooola! Ismaíl se acuerda mucho de vosotros, y yo también, claro. Por eso, como estamos en el mes de la Navidad. queremos jugar a dejar mensajes. ¿Qué? ¿Os animais? Pues empezamos…

Sigue estos consejos: Para escribir, pulsaa en Clear y se borrará todo. Después pulsas en las letras y la las llevas al encerado para escribir un mensaje o pedir un deseo. En Caps hay mayúsculas, en lower case están las minúsculas, y también hay colores diferentes. Si precisas números, ¡los buscas! Ah, Save es para guardar.

Los cuentos secretos

¡Hola, hola, hola! ¿Cómo estáis? Ismaíl espera que bien, que muy bien… Os escribimos para daros una noticia bonita. ¿Os acordáis de Montse y de los niños de su biblioteca? En junio, nos enviaron un cuento titulado La poción, que publicamos en el blog. Pues bien, ahora hemos recibido dos historias más, escritas por otros niños y niñas diferentes. Los títulos de los cuentos y el nombre de los autores están en este libro, Los cuentos secretos. Seguro que os gustarán y que después dejaréis vuestros comentarios para que esos amigos, desde Lleida, puedan leerlos y conocer vuestra opinión… ¡Ánimo, y no os olvidéis!

Los cuentos secretos

Pulsa en la imagen o aquí para ver los cuentos.

O final

Este blog, despois de case un ano de vida, chegou ao seu final. Por iso xa non se publicarán máis noticias, a non ser que se trate de algo especial. Porque as nenas e os nenos que protagonizaron este sitio, non están aquí. Aprenderon tantas cousas e medraron tanto, que cambiaron de aula para empezar un novo curso.

Ismaíl e máis eu preferimos que o sitio quede así, tal e como está, sen cambiar nada. Sempre que volvamos para visitalo, lembraremos as historias que garda este blog. Pois foi de todos, foi o noso blog e tamén o das vosas familias. Así que agradecemos esa atención con este último vídeo. 

O que non cambia é a maneira de deixar mensaxes e comentarios para Ismaíl ou para min. Gustaríanos recibir moitos, e prometemos contestar todos. Por esa razón, felicitamos desde aquí a Sergio, xa que nos informou de que ía ter un irmanciño, ou unha irmá, quen sabe… Saúdos tamén para toda a familia.

Ah, máis adiante Ismaíl terá un novo blog, porque a vida segue, claro…

Un novo conto

Durante os próximos meses, Ismaíl e mais eu andaremos algo ocupados. Hai algúns asuntos que debemos resolver, e teño algúns traballos que escribir coa súa axuda. Iso non quere dicir que este blog vaia pechar. Non… Pero si que a partir de agora faremos outras cousas.

Realmente xa empezamos. Así, para aproveitar as posibilidades que ofrece Internet, collimos estas catro historias para facer unha nova:

Con esas historias fixemos un conto que se titula Ismaíl e o xigante, pero é distinto a outro que tamén se chamou así.

Preme para ler o conto

Agora ten a forma dun libro electrónico, con varias páxinas que debes ir pasando para ler a historia enteira. Se queres, tamén podes escoller unha voz de robot de home, muller ou neno para que lea por ti. ¡Pero creo que aínda non o fai moi ben!

Polgariño ao completo

Hai xa moito tempo, ao principio do curso 2008/09, empezamos a experimentar coa arte de inventar historias. Como os contos populares aínda existen, foron os nosos aliados. Por esa razón, a experiencia recibiu un nome: O proxecto Polgariño

As historias que aqueles nenos e nenas inventaron tiñan as fórmulas da marabilla (1), e xogaban coas palabras poderosas (2), e tamén utilizaban o binomio simbólico (3). Ademais, algunhas historias naceron a partir dun taboleiro fantástico… ¡Canto disfrutou agora Ismaíl ao lembralas!

sonst058 (1) AS FÓRMULAS DA MARABILLA: El ladrón, el pez y la princesa; El dragón y el mago; El pozo de los cuentos; O poliño pequechiño; El perro y la perra; O dragón negro e a princesa; Ismaíl y el gorro.

sonst058 (2) AS PALABRAS PODEROSAS: O bosque, a perla e a lúa; A lebre; A lúa, o xabarín e a perla; O diamante, o anel e a rosa; A árbore, a raíña e o martelo; O anel secreto; O bastón máxico; A raíña e a árbore; O neno e a espada máxica; A perla e a serea; O anel secreto; O castelo encantado; As estrelas preciosas; O porco e o ovo de ouro; O unicornio e a bruxa malvada; Os ananos.

sonst058 (3) O BINOMIO SIMBÓLICO: O dragón e os xoguetes máxicos; La estrella y el dragón; O supermercado e a perla; Ismaíl y su hermano; Un demo no avión; El ordenador que tenía una estrella; A rosa e o libro; Ismaíl y la estrella fugaz; Ismaíl y el bosque encantado; Ismaíl y el castillo; A bruxa xoguetona; Ismaíl y la estrella; La magnífica aventura; A perla e os cinco amigos; Ismaíl y el mundo paralelo; A illa misteriosa; A bruxa que quería aprender a ler; Ismaíl y el tesoro del ogro; Ismaíl y la princesa Fátima; O tesouro marabilloso; O príncipe e o anel; El mundo del ordenador.

sonst058 (4) O TABOLEIRO FANTÁSTICO: Os dous namorados; A serea que viviu dous mundos; A serea e a estrela; A serea e a súa aventura; O can que non tiña amigos; A serea e o príncipe; A serea, a estrela e a balea; O monstro que se converteu en serea e ximnasta; O mozo e a serea; Las princesas y los campesinos; A princesa e o dragón; La princesa y el anillo mágico; El viaje; A princesa prometida; La princesa y el campesino; El príncipe y su viaje; La princesa y el príncipe; A princesa fermosa; A princesa con amor no seu corazón; Los padres más fántásticos.

HADA_003

Hai un pequeno problema: nesta listaxe non están todas as historias. Faltan as que escribiron na súa casa de maneira individual ou coa colaboración da familia, que foi tan importante para nós. Pero son tantos os contos, que aquí case non temos sitio…

¡Que verán!

Aínda que o sol non quente moito, o mellor é non aburrirse. E neste sitio que se chama Escritorio de Verano 2009, e que presenta a Junta de Castilla y León, hai un montón de xogos e actividades para aprender. Así que veña, ¡xoga, practica e disfruta!

Ah, Noelia, moitísimas felicidades por eses triunfos deportivos

Dibujo

Para xogar preme aquí ou na imaxe.

Piensa y juega en verano

De parte de Ismaíl, os presentamos una web con un montón de juegos de calidad. Tiene 807 juegos, entre puzzles, juegos de habilidad, de tablero, juegos mentales, etc. Así, desarrollarás tu inteligencia jugando… ¡Anímate! 

Para jugar haz click aquí o en la imagen.

¡Ata setembro!

Aínda que andaremos por aquí de cando en vez, xa non será o mesmo. Estamos no verán e temos que facer cousas diferentes. Así empezaremos o próximo curso con novas e máis forzas. Ah, atentos á sección Feliz verán 2009, onde haberá sorpresas.

¡Que bonita é a praia!

Ao parecer, Ismaíl ten pensado viaxar moito este verán. Creo que o necesita, e el sábeo. Pois neste curso viviu emocións tan bonitas que non quere esquecelas xamais…

Ismaíl e os libros

Ismaíl en Campo do Monte, Montouto (Abegondo)

Unha sorpresa máis

Como xa contamos noutra ocasión, en Ismaíl o viaxeiro, Montserrat Mouco é unha grandísima costureira. É a nai de Inés, e o curso pasado fixera para Ismaíl roupa moi bonita e moi cómoda.

Este curso sorprendeuno outra vez. O último día de clase regaloulle a mesma roupa coa que aparece na portada do blog. Toda igual e perfectamente cortada e cosida. Así que os dous acordamos facer unha sesión fotográfica con esa roupa regalada. Pero como queremos luz natural e estes días non houbo moito sol, estamos agardando… ¡Estade ben atent@s!

Ah, e mentres esperamos, aquí están os primeiros xogos do verán, que chegan desde O Recanto de Mik. ¡A xogaaaaar…!

Cuaderno de Pasatiempos 

Preme aquí ou na imaxe para empezar.

O cumpreanos de Miguel

Hoxe foi o último día de clase e por iso non tivemos unha xornada normal. Entre outras cousas, fixemos a festa de fin de curso. Pero houbo algunhas sorpresas, como o cumpreanos que celebrou Miguel. E xa que había moitas larpeiradas para a festa, tróuxolles aos seus compañeiros algo diferente: un lapis especial e o seu afiador. Para que así non se esquezan de inventar historias durante o verán. As outras sorpresas non as descubrirei agora, quedan para outro día…

Miguel

A memoria de Ismaíl

Desde o final dun curso ata o principio dun novo sempre hai un tempo de silencio. Nese tempo vive a memoria, que traballa para que non desaparezan as emocións. A Ismaíl, despois de todo, iso parécelle incrible, e pola súa parte non sucederá.

Unha soa palabra para todas as familias: ¡grazas!

O cumpreanos de Sofía M.

Onte, Sofía M. celebrou con todos nós o seu novo cumpreanos, e por iso invitou aos seus compañeiros e compañeiras. E, por suposto, Ismaíl tamén foi convidado. Así que cada un recibiu unha bolsiña de chuches, e que abrimos na clase pois xa estamos ao final do curso. E ao igual que fixera antes Lorenzo, Sofía M. tamén trouxo para unha compañeira celíaca uns chuches especiais. Para que non se sinta fóra da súa clase por culpa duns caramelos. Ismaíl, no seu nome, dá as grazas a esas familias tan atentas.

Ah, e cantamos ata tres veces a súa canción nese día tan bonito.

Sofía M.

Ismaíl y Don Quijote

Ismaíl dice que Óscar guardó un secreto durante mucho tiempo. Pero ahora ya lo sabemos: su madre, Esperanza, es una artista. ¿No sabéis por qué? Pues mirar bien el dibujo que hay en esta historia…

Había en el mundo al revés un gnomo y un caballero. El caballero se  llamaba Don Quijote, y el gnomo se llamaba Ismaíl.

Vivían en un lugar llamado La Mancha, y juntos hacían aventuras imaginarias. Juntos se divertían y se reían. Uno hacía magia y el otro luchaba.

Don Quijote le explicó que luchaba para ayudar a los pobres. Por eso, Ismaíl hacía magia con él. De pronto, apareció un hombre que quería ser su amigo y que se llamaba Sancho Panza.

Y así fue.

Ismaíl y Don Quijote

[Óscar y Esperanza, su madre]

Ismaíl e a Terra contaminada

Contan os que o viron, eu non estaba pero dixéronmo, que había un gnomo chamado Ismaíl. El coñecía a uns nenos que coidaban a Terra.

O colexio era máxico, pero a Terra estaba contaminada. E para que non estivese tan contaminada tiñan que superar unhas probas.

Pero como o colexio era máxico, non tiveron que superar xa esas probas. E no fondo da Terra atoparon un tesouro con moedas de ouro.

E entón, ¡cataplán, cataplón, cataplín, cataplín!, chegamos ao seu fin.

Ismaíl e a Terra contaminada, de Ariadna

[Ariadna, Noelia e Sofía M.]

O país dos xigantes

Hai moitos anos, cando o mundo estaba formándose, vivía un gnomo chamado Ismaíl. Acababa de vir do deserto.

No deserto había un colexio que tiña unha porta. Quen a cruzaba, ía fóra da Terra. Ismaíl entrou pola porta e encontrouse no país dos xigantes.

Había un xigante que era o máis forte. Tiña un libro máxico. Ismaíl quitoulle o libro máxico, e cos poderes do libro conseguiu volver á escola.

Os nenos estaban moi contentos pola volta de Ismaíl, e o mestre deulle unha variña máxica. Pilín, pin, pon, este conto rematou.

O país dos xigantes, de Sergio

[Andrea, David e Sergio]

Ismaíl e o embruxamento da Terra

Nun tempo no que a Terra era nova, había un gnomo chamado Ismaíl. Vivía nun colexio xunto con nenos e nenas.

Pero a Terra estaba embruxada, e estaba converténdose nun deserto. Todo por culpa dun xigante.

Os nenos e as nenas e máis Ismaíl foron ao centro da Terra. Alí viron ao xigante, e Ismaíl coa súa variña máxica converteuno nun sapo asqueroso e feísimo.

Pero o xigante desfixo o encantamento. Entón, Ismaíl fixo outro cun libro, e así salvaron ao mundo.

E azulín, azulado, este conto está acabado.

Ismaíl e o embruxamento da Terra, de Alba

[Óscar, Rita e Alba]

O conto do País Sagrado

Érase unha vez un gnomo chamado Ismaíl que vivía en Francia. Un día viaxou por toda a Terra, atravesou os desertos de Asia, viaxou por París e andivo por Madrid. E finalmente chegou a España, ao colexio Isaac Díaz Pardo.

Os nenos contáronlle esta historia.

Un día un xigante foi á escola. Pensaban que era malo pero era bo, e todos fuxían del. Decatáronse de que era bo e fixéronse amigos.

Unha bruxa enfeitizou ao xigante para que se convertera en sapo. Pero unha fada desenfeitizou ao xigante. Ismaíl coñeceuna e namorouse dela. Acordaron que se casarían. E cando bicou á fada, converteuse nunha gnoma chamada Fátima.

E o galo cantou e este conto rematou.

O conto do País Sagrado, de Miguel

[Lorena, Miguel e Ana]

Ismaíl e o xigante

Érase unha vez un gnomo que se chamaba Ismaíl e que vivía nunha escola con nenos e nenas. Un día apareceu un xigante que se chamaba Xigante Gordinflón.

Ismaíl e os nenos saíron correndo ata chegar ao deserto, e no deserto encontraron a unha moza que se chamaba Fátima. Ismaíl e os nenos preguntáronlle se sabía onde había unha variña para converter ao xigante en ra. E Fátima díxolles que nun castelo que había por alí.

Ismaíl e os nenos foron buscar a variña e Fátima acompañounos. Unha vez no castelo buscaron a variña, pero estaba rota. Fátima díxolles que nunha biblioteca, entre os outros libros, había un que poñía como se podía arranxar a variña.

Ismaíl e os nenos foron á biblioteca e alí encontraron o libro. Armaron a variña e converteron ao xigante nunha ra. E colorín, colorete, pola cheminea vai un foguete.

Ismaíl e o xigante, de Marta

[Marta, Eloy e Inés]

Una noticia importante

Nuestra amiga Montse ha descubierto una nueva historia de Ismaíl. Fue escrita por Alba E., Claudia y Marina, que estudian segundo en el CEIP Sant Jordi, en Lleida. Es un precioso cuento que se titula La poción, y que puedes leer si haces click aquí.

La poción, de Alba E., Claudia y Marina

Si quieres, pincha en la imagen para leer el cuento. Y recuerda que en su blog también puedes dejar tus comentarios. Por ejemplo, para saludar a todos los niños y niñas de ese colegio. Ah, ¡muchas gracias por el detalle! Ismaíl ya no os olvidará…

Misi e o soño de Ismaíl

Misi, a gatiña de Lorenzo, marchou para sempre un día. Os seus amigos fixeron uns debuxos moi lindos para ela, agora que xa non está.

 

Ismaíl entristeceuse cando recibiu a noticia de Misi. Iso lembroulle que o curso está a punto de rematar, e que despois moitas cousas tampouco estarán. A clase enteira marchará de vacacións, alegre e feliz. Pero Ismaíl aínda non sabe que vai facer. Por iso, estes momentos non lle gustan demasiado. Os seus amigos e amigas medrarán para ser maiores e empezarán unha nova vida. Ao mellor, el será un pequeno recordo, ou unha luceciña na súa memoria, ou talvez un soño.

Só agarda unha cousiña: que esa luz e ese soño tarden algún tempo en desaparecer…

Ismaíl e o seu amigo

Hai moitos centos de anos, Ismaíl vivía no deserto. E un día, Ismaíl foise ao Burgo, para o colexio Isaac Díaz Pardo. Alí coñeceu aos nenos e nenas de 2º A. E fixo un blog.

Unha vez, unha fada e un xigante regaláronlle unha variña. Ismaíl cumpría os desexos. Pero Ismaíl sentíase só. Tocou coa súa variña e pediu:

-Quero ter un amigo que se chame Mario.

O seu desexo cumpriuse. Ao pouco tempo, chegou un profesor chamado así. E Ismaíl sentiuse moi feliz.

Acabouse o conto e levouno o vento.

FIN

Daniel
Irene

[Daniel, Irene e Jacobo]

Ismaíl e Fátima

Había unha vez un gnomo chamado Ismaíl que viñera do deserto. Ismaíl tiña unha variña para coidar a Terra.

Un día Ismaíl encontrou un colexio onde había un profesor e uns nenos. Ismaíl entrou ao colexio, e os nenos e o profesor presentáronlle a Fátima.

Fátima e Ismaíl foron tomar un café. Alí había moitos libros. Empezaron a ler un libro e apareceu un xigante moi grande. E Ismaíl coa súa variña fixo que desaparecera.

Ismaíl e Fátima casáronse na igrexa dos gnomos.

E colorado, colorín, esta historia chegou ao seu fin.

Ismaíl e Fátima, de Iria

[Iria, Antón e Sofía E.]

Ismaíl e o xigante do deserto

No inverno, na época da lúa chea, había nun colexio un gnomo chamado Ismaíl.

Viñera do centro de Asia, e no colexio coñeceu un montón de nenos, e tamén montóns de libros. Tiña un tesouro de moedas de ouro, e tamén coñeceu un profesor chamado Mario.

Un día, o colexio converteuse nun deserto. Entón apareceu un xigante, e Ismaíl díxolle: “ti, déixame pasar”. Pero el non o deixou pasar.

Entón, coa súa variña converteuno nunha formiga. Logo volveu todo á normalidade, e puideron salvar á Terra enteira.

Pilín, pin, pin, este conto chegou ao seu fin.

Clara
Alicia

[Clara, Alicia e Víctor]

Ismaíl y el tesoro de Barba Azul

Érase que se era un cofre del tesoro de Barba Azul. Era dificilísimo de encontrar, hasta que un día una sirena le dijo a un gnomo llamado Ismaíl:

-¡Yo sé donde está ese tesoro que buscas! Sígueme por debajo del agua…

Como Ismaíl no se atrevía, la sirena le dijo que confiase en ella. Entonces, descubrió que podía respirar bajo el agua, porque aquellas aguas eran mágicas.

La sirena le contó que para encontrar el tesoro de Barba Azul debería pasar tres pruebas. Y que tendría que pasarlas en ocho días. La primera prueba fue vencer a un pulpo que tenía 10 tentáculos, y no 8 como los demás. La siguiente prueba fue derrotar a una estampida de pirañas hambrientas. Por último, la tercera prueba fue nadar junto a una ballena blanca que estaba muy enfadada. Y superaron todas las pruebas.

Después de esas aventuras, encontraron el cofre y el tesoro. Ismaíl le preguntó su nombre, y la sirena le dijo que se llamaba Fátima, la princesa de los siete mares. Gracias a ella, Ismaíl volvió a su casa encima de un delfín.

Y cataplín, cataplán, este cuento llegó al final.

 

Delfines en el mar 

[Alba Velasco Bande]

La bibliotecaria y la informática

Montse y Belén son dos amigas que también están en Internet, como nosotros. A veces, nos pasan sus juegos o nos dejan mensajes. Por eso somos sus amigos, y esta historia y este dibujo es para ellas…

Cuando las gallinas tenían dientes, había un gnomo que se llamaba Ismaíl.

Una vez, conoció a una bibliotecaria llamada Montse y a una informática llamada Belén. Y los tres juntos encontraron una perla mágica.

Pero un día un dragón muy furioso se llevó a Belén y a Montse. Ismaíl se dio cuenta y utilizó sus poderes, y también los de la perla, para salvarlas.

Y lo consiguió. Colorín, colorado, este cuento está acabado.

La bibliotecaria y la informática 1 La bibliotecaria y la informática 2

Este cuento fue inventado y escrito por Óscar y Sergio, que también hicieron el gran dibujo y dirigieron la decoración. En ella participaron: Iria, Irene, Miguel, Lorena, Antón, Daniel, Ana, Alba, Noelia, Marta y Jacobo.

La cuadra

Había una vez un gnomo que se llamaba Ismaíl. Un día vio una casa que tenía una cuadra, y decidió entrar.

Allí dentro había unha chica que se llamaba Fátima. La chica le dijo que no se preocupara, que ella le ayudaría. Pero le hizo prometer dos cosas:

-Serás mi novio y me ayudarás a limpiar la cuadra. ¿Vale?

Entonces, Ismaíl aceptó. Y se ayudaron y se enamoraron, y vivieron felices para siempre.

Una cuadra

[Eloy Carro Barros]

Los mejores amigos de la historia

Había una vez unos fantasmas muy amigos. Un día llegó un invitado y entonces hicieron una fiesta con todos los chuches del mundo. Y jugaron hasta que se hizo de noche.

Al día siguiente continuaron con la fiesta y charlaron y jugaron al pilla pilla, y también al escondite.

Así se hicieron unos súper amigos. Y colorín, colorado, este cuento llegó al FIN.

¿Un fantasma?

[David Canedo Carmueja]

Belén e o seu Kenqueoké

A nosa amiga Belén Junquera ataca de novo… É dicir, que temos un novo e fermoso traballo seu, co que poderemos aprender un montón de cousas de astronomía: o universo, a Terra, o noso Sistema Solar e os demais planetas, etc. Ademais de coñecer unha bonita historia, claro…

Belén, Ismaíl quere que che diga que es fenomenal. ¿Vale?

Adiós, gatita

Mi amigo Ismaíl, tengo una noticia muy triste.

Hace unos días desapareció mi gatita Misi. Hasta hoy, 23 de mayo, no aparecía. Pero nos enteramos por la vecina de que la atropelló un coche.

Lo hemos pasado muy mal…

Adiós, Misi.

Lorenzo

[Lorenzo Botnar]

O cumpreanos de Noelia

Noelia chegou hoxe e anunciou que estaba de cumpreanos. E por iso invitou aos seus compañeiros e compañeiras, que recibiron unhas bolsiñas de chuches, e tamén Ismaíl. A clase, como xa é normal, cantou a súa canción ata tres veces. O máis curioso foi que algunhas voces soaron ben altas, como para aplaudir á nosa máis famosa ximnasta. ¡Felicidades, Noelia!

Noelia

Ismaíl, la foca y el secreto de la mona

En algún lugar lejano, un viejo gnomo llamado Ismaíl, viejo y sabio, no tenía amigos. Una vez decidió que partiría en busca de amigos con los que poder jugar.

Un día que paseaba por el bosque vio a una foca llorando. Ismaíl le dijo:

-¿Quieres ser mi amiga?
-Vale -contestó la foca.

Entonces, la foca le dio el don de respirar en el agua, y también el don de hacer felices a los demás. Ismaíl le preguntó por qué lloraba, y la foca le dijo que ella tampoco tenía amigos. Así que acordaron que irían a buscarlos.

Encontraron a una conejita y a un canguro, y así más y más. Ya eran 332 en la pandilla, pero encontraron a una mona. Ismaíl descubrió que tenía un secreto, y era que la mona tocaba la batería.

En la pandilla fueron 333 y crearon un grupo de música chulísimo que se llamaba The Littlest Pets. Y chimpín, chimpón, este cuento se acabó.

Ana

[Ana Antelo Nieto]

A miña lingua

Este poema sobre a lingua galega foi enviado pola familia de Jacobo. Sabemos que a súa nai, a nosa querida Laila, traballou para conseguir as palabras máis axeitadas, e certamente conseguiuno. Por esa razón, e sobre todo pola súa inestimable colaboración con este pequeno blog, publicamos a súa fermosa poesía.

Nin lonxe de ti
te podo esquecer,
lingua da miña aldea,
lingua do meu querer.

Arrecendes coma as xestas,
alumeas coma o sol,
cristalina coma a auga,
lingua do meu amor.

Porén moitos te rexeitan,
pero ti aí te mantés,
coma a herba nos prados,
coma nas leiras a mes.

Non deixes que te derruben,
loita sen esmorecer,
despois de moitas batallas
ao fin has de vencer.

Afortunados por termos dúas linguas,
as dúas imos defender,
non nos obriguen a unha ou outra,
cadaquén elixa ao seu parecer.

galicia-en-el-mundo

[Laila Diz, a nai de Jacobo]

O cumpreanos de Lorenzo

Hoxe visitamos a Casa das Ciencias, e estivemos no seu planetario. Pero antes de saír chegou Lorenzo cunha gran bolsa de plástico. Era para celebrar o seu cumpreanos. Por iso regaloulle a cada compañeiro unha bolsiña de chuches, e incluso para Ismaíl había unha. Cando volvimos da visita, cantamos tres veces a súa canción, e Lorenzo sentiuse moi feliz. ¡Felicidades, amigo!, e que cumpras motísimos máis.

Lorenzo

¡A calcular!

No noso blog amigo Ítaca, hai tempo que está un estupendo recurso para practicar as sumas, as restas e as multiplicacións. Como Ismaíl sabe que se cometen aínda algúns erros, deixamos tamén aquí ese sitio de Internet. Porque sempre será necesario facer operacións e non fallar.

Se non entrenas, despois non te queixes se resultas “cazado”. Ah, a partir de agora aparecerá na sección de mates

calculo 

Preme aquí ou na imaxe para empezar.

La sirena y el fantasma en la mansión de los escorpiones

Había una vez una hermosa sirena que quería tener amigos. Un día pidió a su estrella que la convirtiera en humana, y la estrella así lo hizo.

Entonces, encontró un fantasma solitario. El fantasma se alegró y decidió ser su amigo. Y se fueron juntos a una mansión árabe con letras muy antiguas.

Allí, había un escorpión muy triste que hizo lo mismo que el fantasma. Y los tres juntos se hicieron amigos muy inseparables.

Colorín, chin, pin, este cuento llegó a su fin.

 

La Alhambra (Granada), un palacio árabe

[Jacobo Barreira Diz]

Ismaíl y el secreto del fin del mundo

Había una vez, cuando el mundo era cuadrado, un gnomo llamado Ismaíl. Sabía todos los secretos del mundo, menos donde estaba un sitio llamado El Fin del Mundo.

Ismaíl fue en su busca y se encontró con una hada. Ismaíl le dijo:

-¡Qué guapa eres!

Y el hada le contestó:

-¡Salva a la princesa Fátima!

Ismaíl la rescató, y ella le ayudó a encontrar el secreto del fin del mundo. Aunque no lo entendió demasiado. Y azulín, azulado, este cuento está acabado.

¿El fin del mundo?

[Óscar Maceiras Lago]

5 en liña

Un venres máis presentamos un novo xogo. Nesta ocasión é de atención e memoria, e atopámolo no estupendo blog de Montse, Biblioteca-CEIP Sant Jordi Lleida.

Xogarás contra o ordenador, que é moi pillabán. Ti usarás os equis mentres él utiliza os ceros ou círculos. Gaña o que primeiro forme una liña horizontal, vertical ou diagonal con 5 das súas figuras. ¡Ollo, que terás que estar moi atento para vencer!

Preme onde di Jouer, que quere dicir Xogar en francés.

O soño de Nasrudín

O vello Nasrudín

Un día, Nasrudín contoulle a Ismaíl o que lle pasara a noite anterior. Ao parecer, mentres durmía tivo un estraño soño. Un rico descoñecido chegou para facerlle unha visita e deulle nove euros. Pero Nasrudín rexeitounos dicindo:

-¿E por que só nove? Dame un máis e así a cifra será mellor…

Entón, aquel home negouse. Nasrudín insistiu, suplicou, e falou con tantas ganas que terminou por se espertar. Vendo a súa man baleira, entristeceuse polo seu mal carácter que lle fixera perder un agasallo tan inesperado.

Por esa razón, volveu a adoptar a postura do sono e presentou as súas desculpas ao descoñecido. E díxolle que estaba de acordo, e que aceptaba os nove euros.

Ismaíl preguntoulle:

-¿E logo que pasou?

-¡Nada, que pola miña culpa quedei sen nada! -contestou o seu amigo Nasrudín.

¿Que pensas deste conto? ¿Algunha vez soñaches algo que parecía de verdade? ¿Perdiches algunha cousa por querer aínda máis? Veña, escribe e comenta, e conta, conta, conta…

Madeleine, a porquiña urbana

Os porcos son uns animais moi queridos en Galicia. E como estamos na semana das Letras Galegas, parece un bo momento para coñecer a historia dunha porquiña chamada Madeleine. Chéganos de parte de Belen e a súa Casa de Tol@s. Así que, xa sabes, envíalle se podes algunha mensaxe á nosa amiga, que Ismaíl saberá agradecer ese feito. Ah, e a partir de agora estará na nosa sección de actividades

La campeona de Galicia

Este fin de semana se celebraron los campeonatos gallegos de gimnasia artística. Nuestra compañera Noelia se proclamó campeona en su categoría (N1), y, además, consiguió la medalla de oro en todas las especialidades. Al final, ganó nada menos que 5 medallas de oro. ¡Tres hurras por nuestra campeona!

¡Hip, hip! … ¡Hip, hip! … ¡Hip, hip! …

Noelia Bacariza Moreno, de 2º A

O globo

Le ballon é un pequeno vídeo de animación realizado en Francia. É un vídeo pequeno pero é uhna película grande, que en galego significa O globo. Con ela, Ismaíl entendeu a onde van todos eses globiños que os nenos e as nenas algunhas veces perden. Outras veces, en cambio, parece coma se os globos escapasen das súas mans cara algún lugar secreto. Agora, despois de ver este vídeo, Ismaíl cre que descubriu o misterio. ¿Ou non…?

¡Hay que multiplicar!

En nuestra sección de mates hay una web para practicar las tablas de multiplicar. A Ismaíl le parece que no utilizáis mucho estas ayudas para aprender. Pues en ese sitio puedes estudiar las tablas, practicar con ellas y comprobar si las sabes. Por eso, no entiende que algunos seáis “cazados” tantas veces por fallar en la multiplicación. Pero nosotros sí que lo entendemos, ¿verdad? Ji ji ji…

Tablas de multiplicar

Haz click aquí o en la imagen para empezar.

¡Viva la vida!

No mes de xaneiro falamos dos primeiros contadores de historias da clase. Recordo que se elixiran despois de chegar aos 50 contos publicados. Agora xa perdemos a conta, pois a nosa pequena fábrica de literatura non deixou de inventar historias.

Hoxe queremos destacar aos que máis traballaron, de forma individual ou en equipo. Por sorte, foron tantos que esta listaxe ten que ser grande. E claro que o é. En maio, os contadores de historias son: Ana, Óscar, Daniel, Jacobo, Iria, Irene, Miguel, Noelia, Alicia e Andrea.

¡Noraboa!

O cumpreanos de Iria

Pola mañá, antes de que chegasen os nenos, entrou na aula a nai de Iria. Como a súa filla quería celebrar con todos o seu cumpreanos, traía da súa parte unha boa tarta de queixo e bolsiñas de chuches, e tamén unha bolsa de caramelos para Ismaíl. E antes do recreo, cantamos coma sempre, mentres Iria buscaba unha amiga para facer o reparto… ¡Felicidades, Iria!

Iria

Un novo selo

este_blog_e_uma_joia Recibimos este bonito selo da nosa amiga Fátima e do seu blog Blogstórias Essenciais. Sabemos que a poesía utiliza as palabras dunha forma única, e talvez os nosos blogs serán lembrados se facemos o mesmo. Por iso, as regras deste novo xogo son:

  1. Publicar o selo.
  2. Enlazar a quen o ofreceu.
  3. Pasalo a 10 amigos.
  4. Avisar aos premiados.

Ismaíl prefire que sexa eu quen faga esa listaxe de amigos e amigas, mentres el envía un saudiño máxico para todos. Polo tanto, estes son hoxe os meus blogs:

A princesa fermosa

Dedicamos este conto ás nosas nais, Merchi e Mónica;
e tamén aos nosos pais, Sergio e Antonio.

Había unha princesa que vivía nun castelo. Arredor do castelo había un bosque. Un día a princesa encontrou un anel.

Foi de viaxe, e cando volveu encontrou un príncipe. Levouno ao castelo, pero el tiña un segredo. Cando saía o sol, volvíase home.

Un día a princesa descubriuno. Pero un amigo mago da princesa converteuno nun príncipe para sempre, e namoráronse. E como di don Pepín, este conto chegou ao fin.

A princesa fermosa, de Antón

[Sofía Martínez Hernández-Antón Castro Freire]

La princesa y el príncipe

Dedicamos este cuento a nuestras madres, Eva, María y Galina;
y también a nuestros padres, Alejandro, Marcos y Eugheni.

En un lugar lejos, había una princesa que estaba encerrada en una torre muy alta.

Y había un príncipe que la quería mucho. Y le regaló un anillo con diamantes mágicos.

Una noche vino un pájaro por la ventana y le entregó una carta del príncipe a la princesa.

Y su anillo se convirtió en unas alas, que la llevaron al palacio del príncipe. Desde esa noche, se quisieron muchísimo y no se volvieron a separar.

Y vivieron felices muchos años.

Irene

Ariadna

[Ariadna D. Álvarez Quintanilla-Irene Losada Bestilleiro-Lorenzo Botnar]